Documentos de traballo · fala, saúde e IA fiableVigo, 2026

Titoriais / T6

O 10 % da terminal: laboratorio con catro flags

Nunha frase

As catro habilidades do post da terminal, practicadas nun servidor SSH de verdade dentro de Google Colab. Cada sección agocha unha flag, e unha cela de comprobación dite cantas tes.

Por que un laboratorio

Ler un comando non é o mesmo que escribilo. O post explica cada habilidade con animacións; aquí cada unha ten que funcionar para que apareza a súa flag. É a mesma noite: as 2:47, o adestramento de Whisper en gpu morreu e tócache resucitalo.

Que fas

SecciónQue fasOnde está a flag
1. MoverteAtopa o proxecto, corrixe batch_size con nano, fai un dry runNa saída do dry run
2. SSHCrea unha chave, cópiaa con ssh-copy-id, dálle un alias ao servidor, scp nos dous sentidosNa última liña do log do run que fallou
3. tmuxAdestra dentro da sesión train, sae con Ctrl-b d, volveAo rematar o adestramento
4. topAtopa o proceso que come un núcleo, compróbao con ps, remátao con killÉ o nome do proceso

Onde se executa

Só en Google Colab. O notebook instala OpenSSH e tmux, crea un usuario cun contrasinal coñecido e arranca un servidor SSH que só escoita en 127.0.0.1, dentro da máquina virtual de Colab, que se borra ao desconectar. No teu ordenador non se executa nada. A terminal ábrese dentro do notebook con colab-xterm. O notebook está en inglés e en castelán.

Ten a man a chuleta dunha páxina.